De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado mediante a Resolución do 29 de agosto de 2018, no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.
De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023
Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
DNI/CIF do/da denunciado/a |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Importe da sanción |
Sanc. 12-32-23-01 8541-FDT Garda Civil |
32231157S |
Estacionamento prohibido. 18.12.2022; 1.10 horas; Fisterra (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
Sanc. 12-33-23-02 3290-GYF Gardapeiraos |
47360952L |
Estacionamento prohibido. 25.5.2023; 8.40 horas; Corcubión (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
Sanc. 12-48-23-140 8299-JHV PAFIF |
B01985134 |
Estacionamento prohibido. 15.5.2023; 19.05 horas; Ribeira (A Coruña) |
Artigo 131.d) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
Sanc. 13-05-23-03 0399-KCR PAFIF |
35428400M |
Estacionamento prohibido. 3.3.2023; 15.50 horas; Vilanova (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
Sanc. 13-20-23-09 2773-HXJ Gardapeiraos |
32413710V |
Estacionamento prohibido. 27.7.2023; 12.52 horas; Cangas (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
Sanc. 13-21-23-03 3290-GYF Gardapeiraos |
47360952L |
Estacionamento prohibido. 5.4.2023; 12.15 horas; Moaña (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |