DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67644

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO da aprobación inicial de proxecto de expropiación no Milladoiro (expediente GD 8456/2023).

A Xunta de Goberno, en sesión do día 19 de outubro aprobou inicialmente a expropiación para a adquisición por parte do Concello da parcela con referencia catastral 4539164NH3443N0001YM, que prevé un prezo xusto expropiatorio de 58.393,29+5 % en concepto de prezo de afección, do que resulta un prezo de 61.312,95 €.

De conformidade co disposto no artigo 118.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente á información pública durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, na paxina web municipal, nun dos xornais de maior difusión da provincia, no portal de transparencia e no taboleiro de anuncios deste concello.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que formule as alegacións que se considere pertinentes.

Ames, 15 de novembro de 2023

José Blas García Piñeiro
Alcalde