DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/096-1).

Expediente: IN407A 2023/096-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: alimentación en MT para novo CT e conexión con RBT en Marantes.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O día 2.3.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica coa finalidade de atender unha reclamación por caídas de tensión e mellorar a calidade de subministración eléctrica no lugar de Marantes, concello de Santiago de Compostela. Proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de 100 kVA de potencia, unha liña de media tensión soterrada que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT SIG804 Sigüeiro-Santiago 4 (expediente 27.570), procedente da subestación de Sigüeiro, a súa conexión coa rede de baixa tensión existente e a reforma desta.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado alimentación en MT para novo CT e conexión con RBT en Marantes, asinado o día 11.11.2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, co número de colexiado LE-1010.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, trasladóuselles unha separata do proxecto ás entidades afectadas, na parte en que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo. A separata contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Así, solicitouse o informe preceptivo ao concello de Santiago de Compostela, Augas de Galicia, Servizo do Patrimonio Cultural, AESA e Departamento de Estradas do Estado.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto (Servizo do Patrimonio Cultural, AESA e Departamento de Estradas do Estado).

4. O día 22.9.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño de 2023).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

Localización: as instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar de Marantes, no concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:

LMTS a 20 kV, de 760 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº ABN7C0QG//13 existente de formigón que se vai substituír por tipo C-2000/16 e en que se instalará un ITC, da LMT SIG804 Sigüeiro-Santiago 4 (expediente 27.570), procedente da subestación de Sigüeiro, no tramo 11735601, e remate no CTC proxectado. Canalización prevista con condutor entubado en tubo vermello de 160 mm de diámetro enterrado en gabia de 0,40×1,00 m (1+R)T.

– Regulado tramo LMTA a 20 kV, de 119 m, condutor tipo 35007K PIGEON, coa orixe no apoio nº ABVILPCN//9 existente da LMT SIG804 e remate no apoio nº ABIJTWXD//15 existente.

– CT no lugar de Marantes compacto prefabricado tipo rural, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 6 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña