DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 6 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/406-1).

Expediente: IN407A 2023/406-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución dos apoios 9L8LTNRV//123-B14-14 e 9L67J07I//123-B14-15 e instalación de RC na LMTA POT-803.

Concello: Mazaricos.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña POT-803 rexistrado no expediente IN407A 2016/2132-1, de 518 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios nº 123-B14-13 (matrícula 9LBJDJK3) de formigón tipo A-AL-HV-250/14-B2-CA-CR derivada e nº 123-B14-16 (matrícula 9L457DES) metálico tipo A-AL-CH-630/11-CR1-CA, consistentes en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van de 179 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 123-B14-14 (matrícula 9L8LTNRV) de formigón tipo S-AL-HV-400/14-B1-CR e o apoio nº 123-B14-15 (matrícula 9L67J07I) de formigón tipo S-AL-HV-400/14-B1-CR.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15046A008000420000AX sita no lugar de Vilaferreiros (Alborés) cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 123-B14-13, do apoio nº 124-B14-14 anterior, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-1000/18-T35-CA.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15046A008000550000AB sita no lugar de Vilaferreiros (Alborés) cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 123-B14-16, do apoio nº 123-B14-15 anterior, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-1000/16-H35-CA(CS), no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que adquire a condición de apoio frecuentado.

– Tendido de novo condutor tipo LA-56 no van de 179 metros de lonxitude que conformarán os apoios nº 123-B14-14 e nº 123-B14-15 unha vez substituídos.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van de 203 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 123-B14-13 existente e o novo apoio nº 123-B14-14 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van de 136 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 123-B14-15 proxectado e o apoio nº 123-B14-16 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello de Mazaricos.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público, para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 6 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Mazaricos

Substitución dos apoios 9L8LTNRV//123-B14-14 e 9L67J07I//123-B14-15 e instalación de RC na LMTA POT-803.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15046A008000420000AX

Campo do Cubo

Novo apoio

nº 123-B14-14

1,82

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías

2

Víctor Vieites Albite

15046A008000550000AB

Entre os Xistos

Novo apoio

nº 123-B14-15 (ITC)

1,96

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías