DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67090

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se redistribúen e minoran os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).

Mediante a Resolución do 21 de abril de 2023, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) número 86, do 5 de maio, establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

O artigo 3.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se nalgunha das epígrafes non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe listaxe de espera. O prazo de presentación de solicitudes rematou o día 15 de setembro sen que se rexistraran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles nas epígrafes correspondentes a peme (PAPEME) e a infraestruturas públicas (PAP) e, non obstante, non se dispón de dispoñibilidade orzamentaria suficiente nas epígrafes correspondentes a grande empresa (PAGE) nin no de pemes e grandes empresas que reduzan as emisións de GEO en, polo menos, un 30 % (PAE).

O artigo 31 do Decreto 11/2009, establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, redistribuíndose da seguinte maneira:

Dotación orzamentaria inicial:

Distribución por liña de axuda

Orzamento 2023 (€)

Orzamento 2024 (€)

Total (€)

PAPEME-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes

1.000.000,00

2.000.000,00

3.000.000,00

PAGE-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas

500.000,00

1.000.000,00

1.500.000,00

PAE-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en, polo menos, un 30 %

500.000,00

1.000.000,00

1.500.000,00

PAP-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas

1.000.000,00

500.000,00

1.500.000,00

3.000.000,00

4.500.000,00

7.500.000,00

Modificación orzamentaria:

Distribución por liña de axuda

Orzamento 2023 (€)

Orzamento 2024 (€)

Total (€)

PAPEME-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes

-600.000,00

-1.100.000,00

-1.700.000,00

PAGE-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas

500.000,00

0,00

500.000,00

PAE-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en, polo menos, un 30 %

250.000,00

0,00

250.000,00

PAP-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas

-950.000,00

-500.000,00

-1.450.000,00

-800.000,00

-1.600.000,00

-2.400.000,00

Dotación orzamentaria final:

Distribución por liña de axuda

Orzamento 2023 (€)

Orzamento 2024 (€)

Total (€)

PAPEME-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes

400.000,00

900.000,00

1.300.000,00

PAGE-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas

1.000.000,00

1.000.000,00

2.000.000,00

PAE-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en, polo menos, un 30 %

750.000,00

1.000.000,00

1.750.000,00

PAP-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas

50.000,00

0,00

50.000,00

2.200.000,00

2.900.000,00

5.100.000,00

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia