DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 66812

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2024 correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 208, do 2 de novembro, é necesario facer as seguintes correccións:

No anexo II, na provincia de Lugo, na páxina 60448, onde di: «18. Cospeito: 13 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, Nosa Señora Virxe do Monte», debe dicir: «18. Cospeito: 13 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festividade de San Xoán».