DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66756

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

EDICTO de execución subsidiaria para o cumprimento de xestión da biomasa forestal por incumprimento dos obrigados.

En exercicio da facultade conferida polo artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faise público que, mediante o Decreto 2023/2055, do 30.10.2023 de inicio de execución subsidiaria, resolveuse o que segue:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria da xestión da biomasa vexetal, contra os titulares catastrais da parcela 3351201PJ1335S0001YO, sita na rúa Alonso Pérez, nº 12, Viveiro (Lugo).

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, estímase que a limpeza xerará os custos que se detallan:

Nº de expediente

Ref. catastral

Data notificación/publicación

Situación

Superficie m2

Liquidación provisional dos traballos

Persoa responsable

5249/2023

3351201PJ1335S0001YO

17.7.2023

Rúa Alonso Pérez, nº 12, Viveiro (Lugo)

3.585

477,16 €

B27138593

Terceiro. Serve o presente como liquidación provisional dos custos que deberán abonar os obrigados, constituíndo o decreto liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen prexuízo da liquidación definitiva que remitiremos unha vez rematados os traballos de roza.

Cuarto. Os titulares identificados no expediente, e sinalados aquí cos seus números de documento nacional de identidade, están obrigados ao cumprimento da orde de execución e, por extensión, ao pagamento dos gastos que a execución subsidiaria supoña para esta administración.

Quinto. Ordenar a publicación de anuncio da presente resolución no BOE e no DOG, polo que respecta aos titulares obrigados, que substituirá as notificacións persoais, por ter sido rexeitada a notificación electrónica.

O que se publica para coñecemento dos obrigados, en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, facéndoselles saber que:

Concédese un prazo de quince (15) días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, para que os solicitados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e/ou presenten as alegacións que consideren oportunas.

Polo que respecta á liquidación provisional dos custos de xestión da masa forestal, en voluntaria, que ascende ás cantidades que se identifican en cada caso, requíreselles o pagamento mediante ingreso na conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Viveiro en CaixaBank co número ES79 2100 4330 62 0200001100, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 do mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o ultimo día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de falta de pagamento nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Viveiro, 10 de novembro de 2023

María Loureiro García
Alcaldesa