DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vila de Cruces (expediente DH.A36.58962).

A Comunidade de Usuarios Carballo Grande solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Comunidade de Usuarios Carballo Grande.

Expediente: DH.A36.58962.

Volume total anual: 408,8 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,12 l/s.

Destino: doméstico.

Orixe: x= 563645, y= 4740091 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Carballo Grande.

Parroquia: Ollares (Santa María).

Concello: Vila de Cruces (Pontevedra).

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas na parcela 36059A078004880000MZ, mediante perforación horizontal dirixida de 45 m de lonxitude en que se colocou un tubo dren de 125 mm de diámetro. Xusto na saída da perforación, instalouse a arqueta repartidora da que saen cadanseu tubo, de 32 mm de diámetro, cara ás vivendas para abastecer nas referencias catastrais 36059A069004930001QL, 001405200NH64A0001ZA, 001900700NH64A0001Y e 001405500NH64A0001WA.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 de Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro