DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 31 de outubro de 2023, da Área de Verteduras, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de autorización de verteduras no expediente coa clave DH.V15.92093.

O Concello de Coristanco, de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita autorización para a vertedura dun caudal máximo de 18.250 m3/ano de augas residuais domésticas depuradas procedentes do sistema de depuración asentado no lugar de Podrizo-Oca (termo municipal de Coristanco).

As augas residuais domésticas recollidas no saneamento do núcleo de Podrizo-Oca e dalgunhas vivendas do núcleo da Igrexa-Traba (termo municipal de Coristanco) son tratadas nun sistema de depuración compacto de decantación-dixestión con filtro biolóxico deseñado para 250 habitantes equivalentes, localizado no lugar de Podrizo.

As augas residuais domésticas depuradas vértense a Rego da Balsa (bacía do río Anllóns) mediante condución de polipropileno no punto de coordenadas UTM (datum ETRS89): X=522.644; Y=4.781.956.

O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia, en cuxo portal da internet (https://augasdegalicia.xunta.gal/) está exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen o desexe.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2023

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras