DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66427

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que se descoñecen os titulares dos bens que se relacionan a seguir resulta imposible comunicarse con eles, os responsables son informados da súa obriga legal de xestionar a biomasa e de retirar as especies arbóreas prohibidas nas parcelas descritas, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Nº expte.

Titular/responsable

Referencia catastral

Lugar

Parroquia

3075/2023

En investigación

36039A001005350001FJ

36039A001005350000DH

Ladeiras-Carracido

O Porriño

En consecuencia, comunícaselles ás persoas que resulten responsables conforme o artigo 21.ter da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o seu deber de xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas, e concedéselles un prazo de quince (15) días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación, co apercibimento e a advertencia de que:

Primeiro. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, este concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas, retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.4 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

Segundo. No caso de que proceda a execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados, de ser o caso, os traballos. A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa. Así mesmo, poderanse comisar as especies arbóreas prohibidas retiradas por esta administración.

Terceiro. En caso de persistencia no incumprimento logo do transcurso do prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

Cuarto

a) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

b) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

O Porriño, 10 de novembro de 2023

Manuel Alejandro Alonso Lorenzo
Alcalde