DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66425

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación do proxecto de obras denominado Mellora da accesibilidade na avenida de Caión e aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa para a execución do referido proxecto.

Así mesmo, consonte a devandita resolución, procede someter a información pública o referido proxecto, por período dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como a notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Núm. parcela catastral

Titular

Superficie afectada (m2)

15005A005000420000PM

Hros. Purificación García García

196

15005A005006780000PF

Hros. de Consuelo García García (50 %)

Hros. de Olegario Gómez Morales (50 %)

145

9254503NH3995S0001XK

José Sánchez Lago

8

9254202NH3995S

Diego Roca Martínez

María Luisa Martínez Palleiro (usufruto)

Eduardo José Martínez Palleiro

113

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido, na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na Ttavesía de Arteixo, núm. 249. 3º andar, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir as persoas interesadas descoñecidas neste procedemento, de que se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, sirva este anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 13 de novembro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto 2027/2023, do 21 de xuño)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano e Medio Rural