DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 66232

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan parcial SUD-21 predio Alsina, Nós (2016/PLANEAM/000003-FG número 605).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de outubro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Estimar o recurso de reposición interposto por A Fortaleza, As Mariñas, S.L. (B-70228606) contra o acordo plenario do 26 de maio de 2022, no cal se declaraba a caducidade do procedemento administrativo para a aprobación do Plan parcial do SUD-21, polos motivos expostos no informe xurídico do 5 de outubro de 2023 que consta no expediente, e, polo tanto, continuar a tramitación do expediente.

Segundo. Aprobar definitivamente o documento que a seguir se indica:

Expediente

2016/PLANEAM/000003 (FG núm. 605).

Denominación

Plan parcial do SUD-21 – Alsina (Nós).

Documentación

• Plan parcial do SUD-21 – Alsina (Nós).

• Estudo ambiental estratéxico.

• Resumo de medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente que resultan da aplicación do plan e un extracto deste.

Entidade promotora

A Fortaleza, As Mariñas, S.L. (B-70228606).

Entidade redactora

Arquitectos Mateo Miyar Olaiz e Gonzalo Serantes Conchado (Miyarquitectura, S.L.P. CIF B-15999238).

Data e NRE entrada

NRE 2023015446, do 16 de agosto (formato dixital).

Aprobación inicial

Decreto 2018001246, do 22 de marzo.

Terceiro. Publicar no prazo dun mes no Diario Oficial de Galicia:

a) O acordo de aprobación definitiva do plan.

b) Indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan (documento 15085_PP_SUD21_202306_AD_AAE_03RES).

c) Referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan ao dispor do público e o extracto elaborado con carácter previo á aprobación do documento que inclúa os aspectos sinalados no artigo 82.2 da LSG (documento 15059_PP_SUD21_202306_AD_MX_02XUS).

O documento que conteña a normativa e as ordenanzas deberá publicarse no Boletín Oficial da provincia (documento 15059_PP_SUD21_202306_AD_NU).

Cuarto. Solicitar a inscrición do plan parcial no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia de conformidade co disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no capítulo X do título II do seu regulamento.

Quinto. Remitir un exemplar do documento aprobado definitivamente xunto co acordo plenario da aprobación definitiva á Dirección Xeral de Aviación Civil.

Sexto. Dilixenciar os documentos referidos no Plan parcial do SUD-21 – Alsina (Nós) e o estudo ambiental estratéxico, presentados con NRE 2023015446 do 16 de agosto (formato dixital) como documentos aprobados definitivamente, e arquivar os documentos entregados con anterioridade e que carecen de validez.

Sétimo. Publicar na web municipal o acordo de aprobación definitiva.

Oitavo. Notificar ás persoas titulares catastrais das parcelas do ámbito do plan parcial e sistemas adscritos, se os houbese.

Noveno. Notificar á entidade promotora e á redactora.

Décimo. O plan parcial é unha disposición xeral polo que contra este poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

O contido íntegro do plan parcial estará á disposición do público no enderezo electrónico:

www.https://www.oleiros.org/concelleria-de-interior-y-seguridad-ciudadana-econom%C3%ADa-y-hacienda-urbanismo/urbanismo/ordenacions-urbanisticas-aprobadas/en-desenvolvemento-plan-xeral-vixente/plans-parciais

Oleiros, 6 de novembro de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente