DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 66061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña no ámbito do polígono O30.2 avenida Joaquín Planells Riera, A Coruña (expediente 631/2019/100).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria do 5 de outubro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña no ámbito do polígono O30.2 avenida Joaquín Planells Riera. Documento para aprobación definitiva. Setembro 2023, presentado o 20 de setembro de 2023 e redactado pola Oficina de Planeamento, S.A.

Segundo. Realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e nos artigos 199, 209 e 212 do Regulamento para o desenvolvemento da lei anterior, para procurar a entrada en vigor do documento aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2 002; ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Dirección Xeral de Planificación e Avaliación da Rede Ferroviaria; á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Dirección Xeral de Infraestruturas; ás persoas interesadas e ás áreas e servizos municipais interesados na tramitación do expediente».

De conformidade co disposto na Resolución ambiental do 24 de xuño de 2021, publicada no DOG núm. 133, do 14 de xullo, non cabe esperar que se produzan efectos ambientais significativos derivados da modificación puntual, polo que non se estabelecen maiores medidas de seguimento que as inseridas no propio documento do PXOM vixente.

O contido íntegro da modificación puntual aprobada pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo; e de forma dixital, na sede electrónica deste concello, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamento/planeamento vixente»; ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor «desenvolvemento do planeamento».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 16 de outubro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño;
BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía
e Planificación Urbana