En cumprimento do disposto no artigo 15.3 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño), a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña somete a información pública o expediente para a modificación dos límites do couto de pesca de Traba, no río Sóñora, coas seguintes características:
Río: Sóñora.
Concellos: Lousame, Rois e Noia.
Límites actuais:
Límite superior: a ponte da Parcelaria (Lousame e Rois; 518.097, 4.736.392).
Límite inferior: a ponte de Portobravo (Lousame e Noia; 510.826, 4.737.010).
Lonxitude: 12,6 km.
Límites propostos:
Límite superior: a ponte de Servia (Lousame; 517.432, 4.736.921).
Límite inferior: muíños de Pedrachán (Noia; 509.594, 4.736.775).
Lonxitude: 12,7 km.
O expediente estará á disposición de todos aqueles que poidan ter interese nel, durante un prazo de 15 días que comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Servizo de Patrimonio Natural (Edificio Administrativo Monelos, 5º andar, r/ Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña).
Este anuncio será, igualmente, obxecto de publicidade a través da páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda:
https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Pesca_fluvial/seccion.html
A Coruña, 15 de novembro de 2023
A xefa territorial da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
P.S. (Resolución da V2CMATV, do 16.6.2023)
Belén Quinteiro Seoane
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Coruña