DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 65940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de novembro de 2023 pola que se notifica o inicio de procedemento para reclamar os custos ocasionados polo baleiramento e despezamento da embarcación Moira Primero, no porto de Fisterra.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a Rubén Domínguez Domínguez e a Estefanía Domínguez Trillo o Acordo da Dirección de Portos de Galicia do 3 de novembro de 2023 que inicia o procedemento para reclamar os custos do baleiramento e despezamento da embarcación Moira Primero, con matrícula 3ª-VI-2-2-92, depositada en estado de abandono e sen actividade no varadoiro do porto de Fisterra desde hai catro anos, por non ser posible a notificación no domicilio.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O presente acordo emíteo a Dirección de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 15.3, letras a) e b) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e de acordo co previsto no artigo 129.3 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e nos artigos 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez que a embarcación de referencia foi declarada en situación de abandono mediante a Resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 21 de marzo de 2023.

O importe a que ascenderon as actuacións de retirada e traslado da embarcación foi de 7.672,94 euros, IVE incluído.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para estes efectos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Outórgase un prazo de 10 días hábiles, contados desde a notificación da presente cédula, para formular alegacións e achegar ou propor todos os medios de proba que considere axeitados en defensa dos seus dereitos.

O expediente completo para o seu exame, das 9.00 horas ás 14.00 horas, encóntrase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia

As alegacións serán dirixidas ao instrutor nomeado do procedemento, no enderezo antes sinalado.

Se manifesta a súa conformidade coa reclamación, poderá aboar a cantidade empregando o modelo de impreso que se facilitará contactando cos servizos centrais de Portos de Galicia no número de teléfono 981 54 53 29, e darase neste caso por finalizado o procedemento.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023

Roi Fernández Añón
Director de Portos de Galicia