DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Redondela (expediente DH.A36.60088).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 23 de marzo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios de San Juan de Cabeiro a oportuna novación de concesión para aproveitar 61.457,40 m3 anuais de auga que procede de trece mananciais e dun pozo situados na parroquia de Cabeiro (San Xoán), no concello de Redondela (Pontevedra), con destino a abastecemento.

Expediente: DH.A36.60088.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións