Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador.
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111 (A Coruña)
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Código/s CPV: 45246400-7 (obras de protección contra inundacións).
4. Código/s NUTS do lugar principal da obra: ES111 Carballo (A Coruña).
5. Descrición do obxecto da licitación: obra de demolición de edificación, remodelación de ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol. Carballo (A Coruña). Referencia de expediente: AUG-2023-0044. Clave do proxecto: OH.415.1210.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.
7. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 1.318.103,63 euros. Importe total: 1.594.905,39 euros.
8. Valor estimado do contrato: 1.318.103,63 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 8 meses.
10. Criterios de adxudicación.
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 21 de setembro de 2023.
12. Número de ofertas recibidas.
12.1. Ofertas totais: 2
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 1
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 11 de outubro de 2023.
14. Empresa contratista.
14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Seranco, S.A. & Cycasa Canteras y Construcciones, S.A., Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.
14.2. NIF: U56493141
14.3. Enderezo: rúa Médico Durán, 19, baixo, 15005 A Coruña.
14.4. Código NUTS: ES111 (A Coruña).
14.5. Correo electrónico: buzon@seranco.es
14.6. Teléfono: 917 58 30 57.
14.7. Pequena ou mediana empresa: non.
15. Valor da oferta seleccionada.
Importe neto: 1.235.570,91 euros. Importe total: 1.495.040,80 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e nun 60 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.
A actuación enmárcase dentro do programa Galicia Feder 2014-2020 no obxectivo temático 5: promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos; prioridade de investimento 5.2: fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes; obxectivo específico 5.2.1: fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil; actuación 5.2.1.4: medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); operación: medidas para a prevención do risco de inundación na ARPSI Río Anllóns CO 10-01-04.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo Feder Galicia 2021-2027 no obxectivo político 2: unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable; prioridade P2A: transición verde; obxectivo específico 2.4: favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas; liña de actuación 2.4.01: actuacións de preservación dos recursos hídricos, os seus ecosistemas e preparación, protección e resposta fronte a inundacións.
Por isto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfono: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións.
– Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 12 de abril de 2023.
– Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 21 de setembro de 2023.
– Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 12 de outubro de 2023.
– Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 19 de outubro de 2023.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia