DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/139-4).

Expediente: IN407A 2023/139-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: soterramento LMT SDM707, CS e CT en Fragosiño.

Concello: Vigo.

Feitos.

Primeiro. O 1 de marzo de 2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Soterramento LMT SDM707, CS e CT en Fragosiño.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a adecuación dun tramo da liña de media tensión SDM707 SEUR-Balaídos 7, en Fragosiño, no concello de Vigo (Pontevedra), mediante as seguintes actuacións:

Instalación dun centro de seccionamento (CS) prefabricado tipo 4L para proporcionar alimentación ao centro de transformación particular 36P591 SEUR.

Substitución do centro de transformación (CT) na caseta Fragosiño (36C583) por un CT prefabricado 3L1P de 400 kVA de potencia, que anelará a LMTS SDM707 SEUR-Balaídos 7 proxectada.

Desmontaxe dun tramo de dobre circuíto das liñas de media tensión aérea SDM707 SEUR-Balaídos 7 e da SDM709 Alcampo 9, desde o apoio con matrícula 9X7BV8X9 ata o apoio con matrícula 9WUD8QOA//D13, o que representa un total de 8 apoios, cos seus respectivos elementos, e 1681 metros de condutor.

Substitución dos apoios 9X7BV8X9 e 9WUD8QOA//D13 por apoios metálicos de tipo celosía C-22/7000 e C-18/7000, respectivamente, nos cales se proxectan pasos aéreo-subterráneos para conectar coa rede de media tensión subterránea proxectada.

Instalación dunha liña de media tensión aérea de 13 metros entre os apoios proxectados para dar servizo ao CT 36PY76 Almacén Telefónica.

Soterramento dun tramo da liña SDM709 Alcampo 9 e dos tramos SDM7070976, SDM7070997 e SDM7070989 da liña de media tensión SDM707 SEUR-Balaídos 7.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitoulles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Vigo.

Augas de Galicia non emitiu o condicionado técnico. Enténdese, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Terceiro. Mediante escrito do 14 de abril de 2023, esta xefatura territorial notificoulles a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Naqueles casos en que non foi posible efectuarlles a notificación ás persoas titulares das parcelas afectadas publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 28 de abril de 2023 e no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) do 4 de maio de 2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 14 de abril de 2023, publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 9 de maio de 2023.

Xornal Faro de Vigo: 7 de agosto de 2023.

Taboleiro de anuncios do Concello de Vigo desde o 20 de abril ata o 5 de xuño de 2023, segundo o certificado emitido polo propio concello.

Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Desmontaxe dun tramo de 1681 metros de dobre circuíto das liñas de media tensión SDM707 SEUR-Balaídos 7 e SDM709 Alcampo 7, desde o apoio 9X7BV8X9 ata o apoio 9WUD8QOA//D13.

Substitución dos apoios 9X7BV8X9 e 9WUD8QOA//D13 por apoios metálicos C-22/7000 e C-18/7000, respectivamente, nos cales se instalarán pasos aéreo-subterráneos para conectar coa rede de media tensión proxectada.

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-56, de 13 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-27/7000, situado na parcela con referencia catastral 4137114NG2743N0001SA, e final no apoio existente 9X7HURD6//D8-1.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en oito actuacións:

Primeira. De 953 metros, con orixe no paso aéreo-subterráneo no apoio proxectado C-22/7000 e final no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-18/7000, situado na parcela con referencia catastral 54057A09500010000AW.

Segunda. De 290 metros, con orixe no paso aéreo-subterráneo no apoio proxectado C-22/7000 e final no centro de transformación (CT) 36CEL4 Fragosiño 32.

Terceira. De 98 metros, con orixe no centro de transformación 36CEL4 Fragosiño 32 e final no centro de seccionamento (CS) proxectado.

Cuarto. De 13 metros, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de transformación 36P591 SEUR.

Quinta. De 45 metros, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de seccionamento 36CVJ9 estrada Fragosiño, 42.

Sexta. De 112 metros, con orixe no centro de seccionamento 36CVJ9 estrada Fragosiño, 42 e final no centro de transformación proxectado.

Sétima. De 59 metros, con orixe no centro de transformación proxectado e final no centro de transformación 36PPH0 Montajes Cíes, S.L.

Oitava. De 439 metros, con orixe no centro de transformación proxectado e final no paso aéreo-subterráneo no apoio proxectado C-18/7000.

Centro de seccionamento prefabricado, con celas compactas e corte en SF6 (4L), situado na parcela con referencia catastral 4137131NG2743N0001LA.

Centro de transformación prefabricado a 400 kVA con RT 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54057A095000180000AT.

As instalacións están situadas no lugar de Fragosiño, na parroquia de Sárdoma, no municipio de Vigo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgarlle á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Soterramento LMT SDM707, CS e CT en Fragosiño, expediente IN407A 2023/139-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir sempre as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 7 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra