DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral de Medios, polo que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador SXMEDIOS 5/2023, en materia de prestación do servizo de comunicación audiovisual.

A Secretaría Xeral de Medios acordou, o 19 de outubro de 2023, a iniciación do expediente sancionador SXMEDIOS 5/2023, en materia de prestación do servizo de comunicación audiovisual.

Tras intentar a notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador SXMEDIOS 5/2023 de acordo cos artigos 40 e 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa que se relaciona a seguir non accedeu a ela e tampouco recibiu a comunicación regulada no artigo 30.3 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, que lle foi enviada por correo postal, polo que, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de iniciación de expediente sancionador SXMEDIOS 5/2023 para que teña coñecemento del.

Así mesmo, notifícaselle ao interesado que dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular alegacións sobre o contido deste acordo de iniciación e achegar cantos documentos e información considere convenientes, sen prexuízo do trámite de audiencia regulado no artigo 82 da Lei 39/2015. Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 39/2015, poderá propoñer proba concretando os medios de que pretende valerse.

Poderá consultar o expediente nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Expediente: SXMEDIOS 5/2023.

Denunciado: Manuel Carballal de la Iglesia.

NIF: 35280269V.

Resolución: 19 de outubro de 2023.

Precepto infrinxido: artigo 58.11 da Lei 7/2010, do 31 de marzo, xeral da comunicación audiovisual.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

Silvia Valdés Díaz de Freijo
Secretaria xeral de Medios