DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2023 Páx. 65004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello da Estrada (expediente DH.A36.81364).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 2 de outubro de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios de Auga Vixide unha concesión de 1.470 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar da Valiña, da parroquia de San Xurxo de Vea (San Xurxo), no concello da Estrada (Pontevedra), con destino a uso doméstico.

Expediente: DH.A36.81364.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións