DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2023 Páx. 65002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de outubro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de concesión de augas no concello de Muras (expediente DH.A27.88048).

O Concello de Muras solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Concello de Muras.

Expediente: DH.A27.88048.

Caudal máximo instantáneo: 0,5 litros/segundo.

Volume máximo anual: 3.153,6 m³.

Orixe: manancial na parcela 27033A036000650000FM.

Destino: abastecemento a poboación.

Lugar: Mouriscón.

Parroquia: Ambosores (Santa María).

Concello: Muras (Lugo).

Descrición:

A auga do manancial cáptase na parcela 27033A036000650000FM mediante unha arqueta de 1,20×1,20×0,80 m e desde aí é conducida a un depósito de 15 m³ situado na parcela coa referencia catastral 27033A036002030000FE. Desde este último abastecerase o núcleo de Mouriscón, con posibilidade de ampliar a rede ao núcleo de Pena de Mouriscón e Igrexa de Amboseres.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da data da publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar (Edificio Administrativo Monelos), A Coruña, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, cita previa no teléfono 981 18 25 30.

A Coruña, 19 de outubro de 2023

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte