DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2023 Páx. 65015

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación número 2 do estudo de detalle para o desenvolvemento da zona turístico-hoteleira da unidade de actuación número 4 (UA4).

O Pleno do Concello de Valdoviño, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 24 de abril de 2023, aprobou inicialmente a modificación número 2 do estudo de detalle para o desenvolvemento da zona turístico-hoteleira da unidade de actuación número 4 (UA4).

Visto que non se presentaron alegacións durante o período de información pública establecido para o efecto.

E visto que se tramitaron favorablemente as autorizacións sectoriais pertinentes á Deputación Provincia da Coruña e á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

O Pleno aprobou definitivamente, na sesión ordinaria que tivo lugar o 19 de outubro de 2023, a modificación número 2 do estudo de detalle para o desenvolvemento da zona turístico-hoteleira da unidade de actuación número 4 (UA4).

Do que se dá publicidade, de conformidade co disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Valdoviño, 2 de novembro de 2023

Alberto González Fernández
Alcalde