DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2023 Páx. 65016

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia. Tempada 2023/24-1ª fase.

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que nos seus fins prevé o fomento da actividade física e do deporte base e de alta competición en Galicia, pon en marcha a XV edición do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia. Tempada 2023/24-1ª fase.

A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio, cursando invitación para a presentación da solicitude de patrocinio xunto co texto do plan de patrocinio.

A entidade invitada a tomar parte no procedemento PR960A presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose unha ligazón na Guía de procedementos e servizos co código PR960A.

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 7 días naturais contados desde a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente á sinalada será causa de rexeitamento ou exclusión.

As bases poderanse consultar na ligazón https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/pr960a-plan-patrocinio-equipos-alta-competicion-tempada-20232024-1a-fase

Teléfono: 881 99 63 77.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego