DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2023 Páx. 64957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Porto do Son (expediente IN407A 2023/112-1).

Expediente: IN407A 2023/112-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: renovación da LMTS PDS803 entre o CT 15CAN1 e o CT 15CHLL.

Concello: Porto do Son.

Feitos:

1. O día 7 de marzo de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de mellorar a calidade de subministración, así como de incrementar a capacidade de transporte das liñas existentes co fin de dar resposta ás subas de demanda de enerxía que se produciron ao longo do tempo na contorna da estrada AC-550, Camiño Novo, rúa Campo Atalaia e rúa Costa Granxa, concello de Porto do Son. Proxéctase deixar fóra de servizo un treito soterrado da liña de distribución LMT PDS803, procedente da subestación Porto do Son, e instalar novo condutor en nova canalización paralela á existente.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado renovación da LMTS PDS803 entre o CT 15CAN1 e o CT 15CHLL, asinado o 21 de decembro de 2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, co número colexial LE-1010.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo do Patrimonio Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña; o Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña e o Concello de Porto do Son. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, a saber; AXI, Patrimonio Cultural e o concello.

4. O 26 de setembro de 2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño de 2023).

Segunda. Lexislación de aplicación.

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse na estrada AC-550, Camiño Novo, rúa Campo Atalaia e rúa Costa Granxa, concello de Porto do Son.

– LMTS a 20 kV de 176 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, coa orixe no CT 15CHLL existente e remate no CT 15CAN1 existente. A nova liña proxectada discorrerá canalizada no interior de tubaxe de polipropileno de 160 mm de diámetro en gabia de dimensións de 0,40 metros de largo e de entre 0,80 e 1,00 metro de profundidade, e instálanse dúas tubaxes de idénticas características.

– Posta fóra de servizo dos treitos soterrados da LMT PDS803, procedente da subestación Porto do Son: PDS8032479 (RHV 12/20 kV 1×150 KAL+H16).

Cuarto. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 30 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña