DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2023 Páx. 64991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 23 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611ALU 0000057628 e catro máis.

De conformidade cos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos de emenda das solicitudes as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen.

Para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Serra de Ancares, 68, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, nos actos que se notifican outórgaselles ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días hábiles para emendar as súas solicitudes, desde o día seguinte á notificación efectuada por comparecencia. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude, e procederase ao arquivamento do expediente, logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 23 de outubro de 2023

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS611A.

Número de expediente

Persoa interesada

Contido do acto administrativo

Data do acto administrativo

BS611ALU 0000057628

X7365922B

Requirimento de emenda da solicitude

6.8.2021

BS611ALU 0000034817

77593706

Requirimento de emenda da solicitude

12.3.2022

BS611ALU 0000050225

33343629T

Requirimento de emenda da solicitude

4.5.2022

BS611ALU 0000057775

32398027C

Requirimento de emenda da solicitude

5.4.2023

BS611ALU 0000061110

76611495J

Requirimento de emenda da solicitude

1.8.2022