DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2023 Páx. 64993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Bedo Creativos, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial o 7 de novembro de 2023 resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais relativo ao enderezo social da entidade Bedo Creativos, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 16 de outubro de 2023. O seu novo domicilio social é rúa Bedoya, 7, 1º esquerda, oficina 5, 32004 Ourense, concello de Ourense, provincia de Ourense.

Ourense, 7 de novembro de 2023

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense