DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Bueu (expediente DH.A36.73955).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 2 de marzo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a María Dolores Núñez Rey unha concesión de 49,23 m3 anuais de auga que procede dun pozo situado no lugar da Achadiza, da parroquia de Beluso (Santa María), no concello de Bueu (Pontevedra), con destino a rega de xardín, e declarouse a extinción de usos privativos por disposición legal que se lle outorgase mediante a Resolución do 15 de decembro de 1998.

Expediente: DH.A36.73955.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións