DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 7 de novembro de 2023 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución do procedemento de reintegro e perda do dereito ao cobramento parcial da subvención co número de expediente 15/50087/18.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución do procedemento de reintegro do importe das axudas Feader das cales foi beneficiaria e a perda do dereito ao cobramento parcial da subvención, por resultaren infrutuosos os diferentes intentos de notificación realizados por correo certificado, así como a súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro da citada resolución, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) situado na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto notificado

15/50087/18

X9336161R

Resolución do procedemento de reintegro e perda do dereito ao cobramento da subvención