DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 7 de novembro de 2023, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Comunal de Nocedo do Val ou Monte Carbela, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Nocedo do Val, nos concellos de Castrelo do Val e Laza.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Comunal de Nocedo do Val ou Monte Carbelas, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) Nocedo do Val, nos concellos de Castrelo do Val e Laza, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 26.9.2022 a CMVMC de Nocedo do Val (ou Monte Carbelas) presentou unha solicitude (Rexel núm. 2022/2350628) de revisión de esbozo do MVMC Comunal de Nocedo do Val ou Monte Carbelas, no concello de Castrelo do Val, collendo superficie do concello de Laza, onde é aproveitado conxuntamente cos veciños da parroquia de Retorta.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da asemblea xeral do 7.8.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 8 de febreiro de 2023 en relación coa citada solicitude. Nel indícase que o perímetro obxecto de revisión inclúe o perímetro lindante con propiedades particulares que non son montes veciñais en man común. Non se modifican os límites cos montes veciñais estremeiros.

A superficie do MVMC Comunal de Nocedo ou Monte Carbelas, unha vez revisado o esbozo, resulta de 416,15 ha fronte ás 396 ha do acordo de clasificación inicial. Polo tanto, resulta un aumento de superficie dun 5 %.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC Comunal de Nocedo do Val ou Monte Carbelas.

Consideración legal e técnica:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 8 de febreiro de 2023, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 23 de outubro de 2023:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Comunal de Nocedo do Val ou Monte Carbelas, pertencente á CMVMC de Nocedo do Val, nos concellos de Castrelo do Val e Laza.

Ourense, 7 de novembro de 2023

O presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense
P.S. (Resolución do 12.7.2022)
José Antonio García Rodríguez
Xefe do Servizo Xurídico-Administrativo