DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64124

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2023 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional de condutor, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 21 de marzo de 2023 (DOG do 3 de abril), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de condutor, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 19 de maio de 2023 (DOG do 31 de maio) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 15 de xaneiro de 2024, ás 10.00 horas na sala de videoconferencias, no 2º andar do Edificio Cactus (rúa de Constantino Candeira, 1), Campus Vida, Santiago de Compostela. Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan coñecemento de galego.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web mencionada no punto segundo.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela