DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Meis (expediente DH.A36.48000).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 2 de outubro de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgóuselle á Comunidade de Usuarios de Brotieira unha concesión de 8.679,7 m3 anuais de auga que procede dun manancial e dun pozo situados no monte dos Ventos, na parroquia da Armenteira (Santa María), no concello de Meis (Pontevedra), con destino a uso doméstico.

Expediente: DH.A36.48000.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións