DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2023 pola que se fai pública a formalización do encargo coa Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) do servizo de execución do plan de restauración fluvial no bosque de ribeira na bacía do río Umia (Pontevedra), clave de expediente ENC. 23001, Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización do encargo subscrita cunha empresa pública na súa consideración de medio propio personificado da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico; expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; nos artigos 31 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e no disposto na demais normativa que resulta de aplicación.

1. Datos xerais.

1.1. Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: https://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

1.11. Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

1.12. Servizo do cal se poida obter información sobre o encargo formalizado.

1.12.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

1.12.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

1.12.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.12.4. Código postal: 15781.

1.12.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.12.6. Fax: 981 95 74 03.

1.12.7. Teléfono: 981 95 74 01.

2. Encargo a medio propio personificado.

2.1. Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico.

2.2. Obxecto: servizo de execución do plan de restauración fluvial no bosque de ribeira na bacía do río Umia (Pontevedra).

2.3. Clave de expediente: ENC. 23001.

2.4. Códigos CPV (referencia de nomenclatura): códigos CPV principais 71313000-5 (servizos de consultoría en enxeñaría ambiental), 77231600-4 (servizos de repoboación forestal) e 45246200-5 (traballos de protección de ribeiras fluviais); e adicionais 77312000-0 (servizos de roza) e 77341000-2 (poda de árbores).

2.5. Códigos NUTS do lugar principal de entrega ou de execución da prestación: ES114 (Pontevedra).

2.6. Empresa destinataria do encargo: Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) con NIF A70096557.

2.7. Data da autorización previa da Consellería do Medio Rural: 19 de setembro de 2023.

2.8. Data de aprobación: 10 de outubro de 2023.

2.9. Data de formalización: 1 de novembro de 2023.

2.10. Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 2 de novembro de 2023.

2.11. Orzamento e importe total previsto do gasto:

2.11.1. Orzamento: 1.980.144,84 euros (actuación non suxeita a IVE).

2.11.2. Importe total previsto do gasto: 1.980.144,84 euros. Coincide co orzamento do encargo.

2.12. Duración:

2.12.1. Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

2.12.2. Admisión de prórrogas do encargo: non proceden prórrogas con incremento do gasto.

2.12.3. Ampliación do prazo de execución: previsión da/s ampliación/s do prazo de execución da prestación sen incremento do gasto que sexán necesarias.

2.13. Procedementos de recurso: indicados na formalización documental do encargo publicada no perfil de contratante.

3. Información sobre se a actuación está relacionada cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Actuación no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Actuación financiada cos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan en política panca II «Infraestruturas e ecosistemas resilientes»; compoñente 5 «Preservación do litoral e recursos hídricos»; medida: investimento 2 (C5.I2) «Seguimento e restauración de ecosistemas fluviais, recuperación de acuíferos e mitigación do risco de inundación»; fito nº 77 «Restauración das proteccións de leitos e ribeiras contra os riscos de inundación»; subproxecto C05.I02.P03.Provisional.S22.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

missing image file