DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 6 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos de competencia desta xefatura.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer

Pontevedra, 6 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoas interesadas

Acto notificado

Irmáns Suárez Sánchez

Resolución do 31 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Cañiza (expediente IN407A 2022/047-4 modificado).

Eva Rodríguez Cal

Resolución do 28 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada reforma LMTA ROS806 en Paredes, no concello de Tomiño (expediente IN407A 2022/146-4).

Manuel Coello Torres

Francisco Arceu Barros

Resolución do 27 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2022/277-4).

Celso González Pérez

Resolución do 15 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada reforma LMT TUI803 na Gándara e Vilachán, no concello de Tomiño (expediente IN407A 2022/441-4).

Aparicio Rodríguez Goberna

Resolución do 28 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS BAL702, CT Regueiriños, no concello de Nigrán (expediente IN407A 2022/510-4).

Rosa Martínez Oubiña

Resolución do 22 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS CBD804, CTC en Caleiro, no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/526-4).

Hrdos. Filismina Fernández Meijón

Resolución do 26 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente IN407A 2023/012-4).

Manuel Antonio Martínez Rodiño

Resolución do 14 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Meis (expediente IN407A 2023/014-4).

María Jesús Güimil Outeda

Resolución do 9 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Caldas de Reis (expediente IN407A 2023/049-4).

Hrdos. de José Carlos Piñeiros Fernández

Resolución do 13 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/078-4).