DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 6 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a variación das afeccións dunha parcela afectada pola instalación eléctrica LMTA, LMTS VAA708, CTC e ITC O Carballás prevista no concello de Gondomar (expediente IN407 2023/238-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle que debido a unha modificación no proxecto orixinal as afeccións provocadas pola instalación eléctrica LMTA, LMTS VAA708, CTC e ITC O Carballás (expediente IN407 2023/238-4) pasan a ser as indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 6 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/238-4.

Denominación: LMTA, LMTS VAA708, CTC e ITC O Carballás.

Concello: Gondomar.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Carballás

Rústico

2814711NG2621S0001EK

Descoñecido/a

CT

14.96

4,08

16,38