DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 6 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2023/00149 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas cuxos datos se mencionan no anexo as resolucións ditadas nos procedementos de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212A), porque non foi posible a notificación persoal aos interesados.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da Xefatura Territorial, cuxo texto íntegro, así como os seus respectivos expedientes, atópanse á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións notificadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser recorridas en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 6 de novembro de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

LU-2023/00149

F36297273

35592084K

Resolución de denegación da inscrición

LU-2022/00198

Y4076006

P0934768B

Resolución de denegación da inscrición