DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2023 Páx. 63543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o plan de restauración presentado xunto coa solicitude de prórroga da explotación de recursos mineiros da sección C) denominada Santa Bárbara V, número 5354, situada no concello de Quiroga, na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o plan de restauración presentado por Pizarras de Villarbacú, S.L. xunto coa solicitude de prórroga da explotación de recursos mineiros da sección C) denominada Santa Bárbara V, número 5354, situada no concello de Quiroga, na provincia de Lugo.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o plan de restauración atópase dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, e no portal web da dita consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 10 de outubro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo