DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63239

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2023 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Abogacía e Procuradoría.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 8 de marzo de 2013 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 23 de abril pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 2 de abril).

Con motivo da entrada en vigor do Real decreto 64/2023, do 8 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións da Avogacía e Procuradoría, realízanse as modificacións que se detallan a seguir:

– Cambio na denominación do máster universitario en Avogacía por máster universitario en Avogacía e Procuradoría.

– Modificación do plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Avogacía e Procuradoría.

A Universidade de Vigo presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do título oficial de máster universitario en Avogacía que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), con data do 20 de xuño de 2023, resolución favorable do Consello de Universidades con data do 18 de xullo de 2023, e implicou unha nova denominación para a titulación: máster universitario en Avogacía e Procuradoría.

O Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade, dispón o procedemento para a modificación substancial dos plans de estudos impartidos en centros universitarios.

Este reitorado, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do sistema universitario, na redacción dada pola Lei orgánica 2/2023, resolve publicar, coas modificacións aprobadas, o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Avogacía e Procuradoría con efectos desde o curso académico 2023/24.

Vigo, 9 de novembro de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Avogacía e Procuradoría
pola Universidade de Vigo

Código RUCT: 4313699.

Ámbito de coñecemento: Dereito e especialidades xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

54

Optativas

0

Prácticas externas

30

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

90

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

Créditos ECTS

Carácter

Módulos

Deontoloxía, organización profesional e quenda de oficio

5

OB

Módulo básico

Práctica extraxudicial

3

OB

Práctica civil I

7

OB

Módulo civil

Práctica civil II

8

OB

Práctica mercantil

3

OB

Práctica penal I

6

OB

Módulo penal

Práctica penal II

6

OB

Práctica administrativa

6

OB

Módulo administrativo

Práctica tributaria

3

OB

Práctica laboral e de seguridade social

7

OB

Módulo laboral

Prácticas externas básicas

6

OB

Prácticas externas

Prácticas externas

24

OB

Traballo de fin de máster

6

OB

Traballo de fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Avogacía e Procuradoría o alumnado deberá superar os 90 créditos ECTS de carácter obrigatorio dos que consta o máster.