DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63215

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se realiza a súa convocatoria en réxime de competencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975S) (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto).

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou, no Diario Oficial de Galicia do día 4 de agosto de 2023, a Orde do 21 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se realiza a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975S).

Segundo o establecido no artigo 17 das citadas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas ao abeiro da orde antes referida, con expresión da convocatoria, programa e aplicación orzamentaria a que se imputen, beneficiarios/as, cantidades concedidas e finalidade da subvención.

As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023 e 2024 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar as axudas que se relacionan nas táboas que se xuntan como anexo I (relación de solicitudes recibidas), anexo II (beneficiarios/as) e anexo III (non beneficiarios/as), financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2023 00229) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023, 2024 e 2025, concedidas ao abeiro do seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 21 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se realiza a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975S).

b) Aplicación orzamentaria: 02.08.541D.760.1, código de proxecto 2023 00229, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023 e 2024.

c) Finalidade da axuda: de acordo co previsto no artigo 3 da orde pola que se establencen as bases da convocatoria, ao abeiro desta orde de axudas serán subvencionables as actuacións que se citan a seguir para cada liña de axuda:

• Liña 1: melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos.

• Liña 2: actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos.

• Liña 3: puntos limpos móbiles: proxectos destinados a favorecer a prevención, a recollida separada e adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola Rede galega de puntos limpos existentes para a reutilización ou reciclaxe na nosa comunidade autónoma.

• Liña 4: proxectos de construción e mellora de instalacións de preparación para a reutilización e/ou autorreparación de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.), así como de ampliación de instalacións para incluír novas liñas de preparación para a reutilización e a autorreparación de residuos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, co que se prevén a xeración de residuos domésticos e a eliminación.

• Liña 5: actuacións destinadas á implementación de melloras nas instalacións de tratamento existentes para incrementar a súa eficacia na recuperación de materiais contidos nos residuos municipais que se recollan de forma mesturada, de maneira que poidan contribuír a acadar os obxectivos comunitarios de preparación para a reutilización e reciclaxe, así como ao de redución dos residuos municipais destinados ao seu depósito en vertedoiro.

d) Destinatarias: as entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lle correspondan en materia de xestión de residuos, que cumpran os requisitos establecidos para cada unha das liñas subvencionables sinaladas nesta orde.

e) Porcentaxe de financiamento e concorrencia con outras subvencións: o financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excederá o 90 % do custo total do proxecto. A porcentaxe restante será asumida polo/a beneficiario/a e será compatible co financiamento que os/as beneficiarios/as poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), cos seguintes importes máximos de subvención:

a) Liña 1. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 150.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 200.000 €.

b) Liña 2. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 10.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 30.000 €.

c) Liña 3. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 70.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 100.000 €.

d) Liña 4. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 200.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 250.000 €.

e) Liña 5. A contía máxima da axuda por entiodad beneficiaria establécese en función do número de habitantes atendidos pola instalación, a razón de 3,5 €/habitante.

f) Período subvencionable e prazo de execución: o período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de decembro de 2024, ambos incluídos, tendo en conta as datas límite para a súa xustificación segundo o sinalado neste mesmo artigo.

Non serán subvencionables os proxectos concluídos materialmente na data de presentación da solicitude.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao remate da data límite para solicitar o aboamento da axuda e a súa xustificación consonte o establecido no parágrafo seguinte.

A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de decembro de 2023, para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2023 –incluiranse neste orzamento as actuacións executadas entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de decembro de 2023–; o 30 de decembro de 2024, para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2024.

g) Xustificación das subvencións: as entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar, no prazo máximo a que se refire o artigo anterior, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción.

A xustificación terá que axustarse ao sinalado nos artigos 23 e 24 da orde de axudas.

h) Requisitos que se deberán observar: segundo o regulado no artigo 4 da convocatoria, os proxectos presentados a esta convocatoria deberán observar os seguintes requisitos:

– Os proxectos presentados deberán incorporar elementos de compra pública verde ou ecolóxica. A prestación de servizos ou a compra de materiais, equipamentos ou medios de recollida e transporte deberán ter en conta criterios ecolóxicos acordes cos obxectivos ambientais relacionados co cambio climático, a utilización dos recursos e a produción e o consumo sustentables (ecodeseño, emprego de materiais reciclados e/ou reciclables, eficiencia enerxética, redución de emisións, redución da pegada de carbono, economía circular, entre outros) que contribúan a reducir o seu impacto ambiental.

– Deberá xustificar que ten presentada a correspondente solicitude de autorización ou, de ser o caso, modificación da autorización, como xestor de residuos perigosos e/ou non perigosos ante o órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia, se for necesaria a dita autorización, na fase de solicitude. A solicitude como xestor de valorización de residuos perigosos e/ou non perigosos deberá incluír, nos casos en que así o exixa a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento correspondente para iniciar o trámite.

– Para os efectos da presente convocatoria, teñen a consideración de residuos especiais de competencia municipal aqueles residuos que carecen de sistemas ordinarios de recollida, pero que son susceptibles de recuperación ou necesitan recollerse separadamente debido ás súas especiais características (aceites vexetais usados, téxtiles, voluminosos, etc.).

– Será obrigatorio que, na fase de xustificación final da axuda, a instalación conte coa autorización pertinente para levar a cabo a actividade, sempre que sexa necesario.

– Non serán financiables os alugamentos e pagamentos de servizos a terceiros.

– Aqueles proxectos que prevexan a repartición de materiais, adquiridos con cargo á subvención, deberán identificar o procedemento que empregarán para a selección dos destinatarios beneficiados, segundo os principios de concorrencia, idoneidade e publicidade.

– Requisitos específicos para a liña 1:

1º. Para os efectos da presente orde, non serán financiables dentro da liña 1 os proxectos de mellora en instalacións de puntos limpos que non estean no momento da solicitude autorizados ou en trámite de autorizar.

2º. Non serán financiables tampouco os seguintes conceptos:

• Alugueiros (leasing, renting, etc.) nin o pagamento de servizos a terceiros.

• Edificios para traballadores, oficinas e maquinaria (salvo que o edificio inclúa o destinado á reutilización ou preparación para a reutilización). No caso de que o proxecto, ou determinados conceptos, afecten fluxos de residuos cubertos pola responsabilidade ampliada do produtor, non será financiable a parte atribuíble á responsabilidade ampliada do produtor.

– Requisitos específicos para a liña 2:

Para subvencionar as actuacións destinadas á implantación de puntos limpos de proximidade, a entidade local deberá acreditar o destino dos residuos recollidos, ben a través dun acordo cunha instalación de punto limpo fixo autorizada ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados.

– Requisitos específicos para a liña 3:

1º. Para subvencionar a implantación de puntos limpos móbiles, a entidade local deberá acreditar o destino dos residuos recollidos, ben a través dun acordo cunha instalación de punto limpo fixo autorizada ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados.

2º. Todos os vehículos adquiridos deberán ser eléctricos ou de biogás de orixe vexetal.

– Requisitos específicos para a liña 4.

Deberá presentarse un proxecto en que se inclúan os tipos de residuos que prepararán para a reutilización, os tratamentos de cada un deses residuos, así como as condicións de venda, que incluirán a correspondente garantía posvenda e a súa declaración como produto novo naqueles casos en que sexa necesario.

– Requisitos específicos para a liña 5:

1º. Non se considerarán conceptos subvencionables os custos do servizo de recollida selectiva, o tratamento dos residuos, así como tampouco os custos de mantemento nin os alugueiros.

2º. Non se financiará a construción de novas instalacións de tratamento mecánico-biolóxico.

3º. Non se financiarán melloras nas instalacións existentes, con excepción das que teñan por finalidade a separación e recuperación de materiais dos residuos mesturados que poidan ser obxecto dunha reciclaxe posterior, ou a reconversión das plantas para o tratamento dos biorresiduos recollidos separadamente mediante compostaxe ou dixestión anaerobia, garantindo que estes investimentos non supoñan un aumento da capacidade das plantas ou a extensión da súa vida útil, verificado a nivel de cada unha das instalacións.

4º. Será obrigatorio comprometerse a que antes da finalización do ano 2025 os residuos recibidos nas plantas obxecto da axuda procedan de entidades que teñan implantado un modelo de recollida separada con contedores específicos para a recollida de envases lixeiros, biorresiduos, papel, cartón e vidro. O incumprimento do anterior dará lugar ao reintegro da totalidade da axuda percibida.

i) Aceptación e renuncia das subvencións: transcorridos 10 días hábiles desde a súa notificación sen que a entidade beneficiaria comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiaria.

A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución, que se lle notificará ao/á interesado/a por medios electrónicos.

j) Pagamento da axuda e posibilidade de solicitar anticipo: o aboamento da subvención efectuaráselle directamente ao concello beneficiario na conta bancaria indicada por este, que deberá ser da súa titularidade. En caso das entidades locais supramunicipais ou agrupacións de entidades locais, o concello que asuma a representación recibirá a axuda atribuída para este fin. No caso de agrupación de entidades locais, o concello que actúe como representante deberá presentar, no prazo máximo dun mes desde a recepción dos importes cobrados, xustificantes bancarios dos aboamentos efectuados (transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario do ingreso efectivo polo portelo) aos restantes concellos que constitúen a devandita agrupación.

Poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 63 do Decreto 11/2009 e nesta convocatoria, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, unha vez realizada a notificación da subvención e logo da aceptación desta. De acordo co devandito artigo 63, a concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada. Para as subvencións concedidas con cargo á anualidade de 2023, as entidades beneficiarias que se acollan á modalidade de pagamento anticipado deberán manifestalo expresamente no prazo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo VI. Para as subvencións concedidas con cargo á anualidade 2024, as entidades beneficiarias que se acollan á modalidade de pagamento anticipado recibirán, unha vez que se abra contablemente o correspondente exercicio orzamentario, unha comunicación para que exerzan tal opción, no prazo de 10 días hábiles desde a notificación desta, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo VI.

De non presentar a solicitude de pagamento anticipado, enténdese que a entidade solicitante renuncia ao anticipo. Neste caso o pagamento das axudas realizarase unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou actividade e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria, no prazo establecido, da documentación xustificativa a que se refire o artigo anterior.

Conforme o artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, para a concesión dos pagamentos anticipados non se exixirá a presentación de garantías por parte dos concellos beneficiarios.

Transcorrido o prazo establecido neste artigo sen ter presentado a correspondente xustificación, entenderase que a entidade renuncia á subvención, sen prexuízo do establecido nos artigos 45.2 e 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería concedente, antes de realizar o seu pagamento final, poderán efectuar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, así como o cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» ao ambiente na execución das actuacións subvencionadas, no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088. Os órganos competentes da consellería concedente poderán solicitarlle ao/á beneficiario/a as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes, e advírteselle que a falta de presentación da xustificación no prazo concedido para o efecto poderá comportar a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cando o custo xustificado da actividade ou investimento sexa inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda, pero diminuirase proporcionalmente o seu importe.

O pagamento realizarase logo de verificación do órgano concedente do cumprimento da obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

k) Modificación da resolución: toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O órgano competente para conceder axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia do/da beneficiario/a. En todo caso, deberanse cumprir os requisitos recollidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

l) Recursos: as resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

Anexo I

Relación de solicitudes recibidas

Nº de expediente

Nome do/da solicitante

NIF do/da
solicitante

Actuación

subvencionable

EELL-001-2023-RES

Concello de Cedeira

P1502200G

L3-PLM

EELL-002-2023-RES

Concello de Carballeda de Avia

P3201900B

L2-PLP

EELL-003-2023-RES

Concello de Carnota

P1502000A

L2-PLP

EELL-004-2023-RES

Concello de Ares

P1500400E

L2-PLP

EELL-005-2023-RES

Concello de Viveiro

P2706700H

L1-mellora PLF

EELL-006-2023-RES

Concello de Salvaterra de Miño

P3605000C

L3-PLM

EELL-007-2023-RES

Concello de Taboada

P2706000C

L3-PLM

EELL-008-2023-RES

Concello do Rosal

P3604800G

L2-PLP

EELL-009-2023-RES

Concello de Ponteceso

P1506900H

L2-PLP

EELL-010-2023-RES

Concello de Sober

P2705900E

L2-PLP

EELL-011-2023-RES

Concello da Pastoriza

P2704400G

L3-PLM

EELL-012-2023-RES

Concello de Padrón

P1506600D

L1-mellora PLF

EELL-013-2023-RES

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

L2-PLP

EELL-014-2023-RES

Concello do Rosal

P3604800G

L3-PLM

EELL-015-2023-RES

Concello de Carballo

P1501900C

L2-PLP

EELL-016-2023-RES

Concello de Carballo

P1501900C

L1-mellora PLF

EELL-017-2023-RES

Concello de Ribadavia

P3207000E

L1-mellora PLF

EELL-018-2023-RES

Concello de Baleira

P2700400A

L3-PLM

EELL-019-2023-RES (I)

Concello de Boiro

P1501100J

L1-mellora PLF

EELL-019-2023-RES (II)

Concello de Boiro

P1501100J

L3-PLM

EELL-020-2023-RES

Concello de Sanxenxo

P3605100A

L1-mellora PLF

EELL-021-2023-RES

Concello de Redondela

P3604500C

L3-PLM

EELL-022-2023-RES

Concello de Catoira

P3601000G

L2-PLP

EELL-023-2023-RES

Consorcio As Mariñas (p.l. de Abegondo)

P1500011J

L1-mellora PLF

EELL-024-2023-RES

Consorcio As Mariñas (p.l. de Bergondo)

P1500011J

L1-mellora PLF

EELL-025-2023-RES

Consorcio As Mariñas (Betanzos)

P1500011J

L1-mellora PLF

EELL-026-2023-RES

Consorcio As Mariñas (Cambre)

P1500011J

L1-mellora PLF

EELL-027-2023-RES

Consorcio As Mariñas (Carral)

P1500011J

L1-mellora PLF

EELL-028-2023-RES

Consorcio As Mariñas (Culleredo)

P1500011J

L1-mellora PLF

EELL-029-2023-RES

Consorcio As Mariñas (Oleiros)

P1500011J

L1-mellora PLF

EELL-030-2023-RES

Consorcio As Mariñas (p.l. de Sada)

P1500011J

L1-mellora PLF

EELL-031-2023-RES

Concello de Meis

P3602800I

L2-PLP

EELL-032-2023-RES

Concello de Pedrafita

P2704500D

L3-PLM

EELL-033-2023-RES

Concello de Paderne

P1506500F

L3-PLM

EELL-034-2023-RES

Concello de Crecente

P3601400I

L3-PLM

EELL-036-2023-RES

Concello de Verín

P3208600A

L3-PLM

EELL-037-2023-RES

Concello de Coirós

P1502700F

L3-PLM

EELL-038-2023-RES

Concello de Muros

P1505400J

L3-PLM

EELL-039-2023-RES

Concello de Vimianzo

P1509300H

L1-mellora PLF

EELL-040-2023-RES

Concello de Valga

P3605600J

L1-mellora PLF

EELL-041-2023-RES

Concello da Fonsagrada

P2700600F

L1-mellora PLF

EELL-042-2023-RES

Concello de Mugardos

P1505200D

L3-PLM

EELL-043-2023-RES (I)

Concello de Agolada

P3602000F

L2-PLP

EELL-043-2023-RES (II)

Concello de Agolada

P3602000F

L3-PLM

EELL-044-2023-RES (I)

Concello de Becerreá

P2700600F

L1-mellora PLF

EELL-044-2023-RES (I)

Concello de Becerreá

P2700600F

L2-PLP

EELL-045-2023-RES

Concello da Estrada

P3601700B

L2-PLP

EELL-046-2023-RES

Concello da Coruña

P1503000J

L2-PLP

EELL-047-2023-RES

Concello de Oza-Cesuras

P1500029B

L3-PLM

EELL-048-2023-RES

Concello de Tordoia

P1508500D

L3-PLM

EELL-049-2023-RES

Concello de Rodeiro

P3604700I

L1-mellora PLF

EELL-050-2023-RES

Concello de Cerdido

P1502500J

L2-PLP

EELL-051-2023-RES

Concello de Oia

P3603600B

L3-PLM

EELL-052-2023-RES

Concello de Rodeiro

P3604700I

L3-PLM

EELL-053-2023-RES

Concello de Oza-Cesuras

P1500029B

L1-mellora PLF

EELL-054-2023-RES

Concello de Negreira

P1505700C

L3-PLM

EELL-055-2023-RES

Concello de Sober

P2705900E

L4-espazo autorreparación

EELL-056-2023-RES

Concello de Tui

P3605500B

L1-mellora PLF

EELL-057-2023-RES

Concello do Porriño

P3603900F

L2-PLP

EELL-058-2023-RES

Concello de Larouco

P3203900J

L3-PLM

EELL-059-2023-RES

Concello de Samos

P2705500C

L3-PLM

EELL-060-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense

P3200000B

L2-PLP

EELL-061-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (p.l. da Peroxa)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-062-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Lobios)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-062-2023-RES (I)

Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Verín)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-063-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Castro Caldelas)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-064-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (O Carballiño)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-065-2023-RES

Concello de Melón

P3204700C

L3-PLM

EELL-066-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (Muíños)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-067-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (A Veiga)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-068-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (A Rúa)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-069-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (Bande)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-070-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (O Pereiro de Aguiar)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-071-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (San Cibrao das Viñas)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-072-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Trives)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-073-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (Vilamartín de Valdeorras)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-074-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (Vilar de Santos)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-075-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (A Gudiña)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-076-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (Xinzo)

P3200000B

L1-mellora PLF

EELL-077-2023-RES

Concello de Antas de Ulla

P2700300C

L3-PLM

EELL-078-2023-RES

Concello de Gondomar

P3602100D

L1-mellora PLF

EELL-079-2023-RES

Concello de Gondomar

P3602100D

L2-PLP

EELL-080-2023-RES

Concello de Gondomar

P3602100D

L3-PLM

EELL-081-2023-RES

Concello de Ribadumia

P3604600A

L2-PLP

EELL-082-2023-RES

Concello de Rianxo

P1507300J

L1-mellora PLF

EELL-083-2023-RES (I)

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

L1-mellora PLF

EELL-083-2023-RES (II)

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

L3-PLM

EELL-084-2023-RES

Mancomunidade de concellos do Morrazo

P3600020F

L2-PLP

Anexo II

Relación de beneficiarios/as

Expediente

Solicitante

NIF

Liña

Axuda total concedida

% de cof.

Axuda 2023

Axuda 2024

EELL-001-2023-RES

Concello de Cedeira

P1502200G

L3-PLM

19.350,00 €

10,00 %

450,00 €

18.900,00 €

EELL-002-2023-RES

Concello de Carballeda de Avia

P3201900B

L2-PLP

8.910,00 €

10,00 %

675,00 €

8.235,00 €

EELL-003-2023-RES

Concello de Carnota

P1502000A

L2-PLP

8.910,00 €

10,00 %

675,00 €

8.235,00 €

EELL-004-2023-RES

Concello de Ares

P1500400E

L2-PLP

8.745,54 €

11,00 %

874,55 €

7.870,99 €

EELL-005-2023-RES

Concello de Viveiro

P2706700H

L1-mellora PLF

74.660,54 €

10,00 %

765,00 €

73.895,54 €

EELL-006-2023-RES

Concello de Salvaterra de Miño

P3605000C

L3-PLM

64.418,20 €

11,00 %

6.352,82 €

58.065,38 €

EELL-007-2023-RES

Concello de Taboada

P2706000C

L3-PLM

13.215,15 €

10,00 %

1.321,52 €

11.893,63 €

EELL-008-2023-RES

Concello do Rosal

P3604800G

L2-PLP

6.300,00 €

10,00 %

450,00 €

5.850,00 €

EELL-009-2023-RES

Concello de Ponteceso

P1506900H

L2-PLP

8.910,00 €

10,00 %

450,00 €

8.460,00 €

EELL-010-2023-RES

Concello de Sober

P2705900E

L2-PLP

8.910,00 €

10,00 %

675,00 €

8.235,00 €

EELL-012-2023-RES

Concello de Padrón

P1506600D

L1-mellora PLF

96.881,81 €

10,00 %

9.688,91 €

87.192,90 €

EELL-013-2023-RES

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

L2-PLP

8.910,00 €

10,00 %

675,00 €

8.235,00 €

EELL-014-2023-RES

Concello do Rosal

P3604800G

L3-PLM

16.380,00 €

10,00 %

180,00 €

16.200,00 €

EELL-015-2023-RES

Concello de Carballo

P1501900C

L2-PLP

8.900,00 €

11,00 %

890,00 €

8.010,00 €

EELL-016-2023-RES

Concello de Carballo

P1501900C

L1-mellora PLF

149.375,56 €

10,00 %

14.937,55 €

134.438,01 €

EELL-017-2023-RES

Concello de Ribadavia

P3207000E

L1-mellora PLF

35.999,91 €

10,00 %

2.899,99 €

33.099,92 €

EELL-018-2023-RES

Concello de Baleira

P2700400A

L3-PLM

22.383,00 €

10,00 %

1.165,50 €

21.217,50 €

EELL-019-2023-RES (I)

Concello de Boiro

P1501100J

L1-mellora PLF

3.464,10 €

10,00 %

189,00 €

3.275,10 €

EELL-019-2023-RES (II)

Concello de Boiro

P1501100J

L3-PLM

6.570,00 €

10,00 %

657,00 €

5.913,00 €

EELL-020-2023-RES

Concello de Sanxenxo

P3605100A

L1-mellora PLF

118.875,77 €

10,00 %

11.887,67 €

106.988,10 €

EELL-021-2023-RES

Concello de Redondela

P3604500C

L3-PLM

14.685,00 €

11,00 %

1.468,50 €

13.216,50 €

EELL-023-2023-RES

Consorcio As Mariñas (p.l. de Abegondo)

P1500011J

L1-mellora PLF

12.359,90 €

10,00 %

1.236,00 €

11.123,90 €

EELL-024-2023-RES

Consorcio As Mariñas (p.l. de Bergondo)

P1500011J

L1-mellora PLF

12.359,90 €

10,00 %

1.236,00 €

11.123,90 €

EELL-025-2023-RES

Consorcio As Mariñas (Betanzos)

P1500011J

L1-mellora PLF

12.359,90 €

10,00 %

1.236,00 €

11.123,90 €

EELL-026-2023-RES

Consorcio As Mariñas (Cambre)

P1500011J

L1-mellora PLF

12.359,90 €

10,00 %

1.236,00 €

11.123,90 €

EELL-027-2023-RES

Consorcio As Mariñas (Carral)

P1500011J

L1-mellora PLF

12.359,90 €

10,00 %

1.236,00 €

11.123,90 €

EELL-028-2023-RES

Consorcio As Mariñas (Culleredo)

P1500011J

L1-mellora PLF

12.359,90 €

10,00 %

1.236,00 €

11.123,90 €

EELL-029-2023-RES

Consorcio As Mariñas (Oleiros)

P1500011J

L1-mellora PLF

12.359,90 €

10,00 %

1.236,00 €

11.123,90 €

EELL-030-2023-RES

Consorcio As Mariñas (p.l. de Sada)

P1500011J

L1-mellora PLF

12.359,90 €

10,00 %

1.236,00 €

11.123,90 €

EELL-031-2023-RES

Concello de Meis

P3602800I

L2-PLP

8.910,00 €

10,00 %

675,00 €

8.235,00 €

EELL-032-2023-RES

Concello de Pedrafita

P2704500D

L3-PLM

49.320,00 €

10,00 %

4.438,80 €

44.881,20 €

EELL-033-2023-RES

Concello de Paderne

P1506500F

L3-PLM

70.000,00 €

10,00 %

450,00 €

69.550,00 €

EELL-034-2023-RES

Concello de Crecente

P3601400I

L3-PLM

70.000,00 €

10,00 %

450,00 €

69.550,00 €

EELL-037-2023-RES

Concello de Coirós

P1502700F

L3-PLM

70.000,00 €

10,00 %

450,00 €

69.550,00 €

EELL-038-2023-RES

Concello de Muros

P1505400J

L3-PLM

56.272,50 €

10,00 %

720,00 €

55.552,50 €

EELL-040-2023-RES

Concello de Valga

P3605600J

L1-mellora PLF

51.326,81 €

10,00 %

4.619,41 €

46.707,40 €

EELL-043-2023-RES (I)

Concello de Agolada

P3602000F

L2-PLP

8.811,00 €

11,00 %

890,00 €

7.921,00 €

EELL-043-2023-RES (II)

Concello de Agolada

P3602000F

L3-PLM

70.000,00 €

10,00 %

450,00 €

69.550,00 €

EELL-045-2023-RES

Concello da Estrada

P3601700B

L2-PLP

8.910,00 €

10,00 %

675,00 €

8.235,00 €

EELL-046-2023-RES

Concello da Coruña

P1503000J

L2-PLP

8.415,00 €

15,00 %

637,50 €

7.777,50 €

EELL-047-2023-RES

Concello de Oza-Cesuras

P1500029B

L3-PLM

69.255,00 €

10,00 %

450,00 €

68.805,00 €

EELL-048-2023-RES

Concello de Tordoia

P1508500D

L3-PLM

17.100,00 €

10,00 %

450,00 €

16.650,00 €

EELL-049-2023-RES

Concello de Rodeiro

P3604700I

L1-mellora PLF

58.935,49 €

10,00 %

5.893,47 €

53.042,02 €

EELL-050-2023-RES

Concello de Cerdido

P1502500J

L2-PLP

8.910,00 €

10,00 %

675,00 €

8.235,00 €

EELL-051-2023-RES

Concello de Oia

P3603600B

L3-PLM

54.000,00 €

10,00 %

180,00 €

53.820,00 €

EELL-052-2023-RES

Concello de Rodeiro

P3604700I

L3-PLM

69.291,00 €

10,00 %

6.929,10 €

62.361,90 €

EELL-053-2023-RES

Concello de Oza-Cesuras

P1500029B

L1-mellora PLF

132.554,81 €

10,00 %

535,50 €

132.019,31 €

EELL-055-2023-RES

Concello de Sober

P2705900E

L4-espazo autorreparación

148.593,02 €

10,00 %

14.859,31 €

133.733,71 €

EELL-056-2023-RES

Concello de Tui

P3605500B

L1-mellora PLF

105.244,75 €

10,00 %

3.857,40 €

101.387,35 €

EELL-060-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense

P3200000B

L2-PLP

27.630,00 €

10,00 %

900,00 €

26.730,00 €

EELL-061-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (p.l. da Peroxa)

P3200000B

L1-mellora PLF

1.362,60 €

10,00 %

113,40 €

1.249,20 €

EELL-062-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Lobios)

P3200000B

L1-mellora PLF

1.381,50 €

10,00 %

113,40 €

1.268,10 €

EELL-062-2023-RES (I)

Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Verín)

P3200000B

L1-mellora PLF

1.372,05 €

10,00 %

113,40 €

1.258,65 €

EELL-063-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (p.l. de C. Caldelas)

P3200000B

L1-mellora PLF

1.381,50 €

10,00 %

113,40 €

1.268,10 €

EELL-064-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (O Carballiño)

P3200000B

L1-mellora PLF

1.390,95 €

10,00 %

113,40 €

1.277,55 €

EELL-066-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (Muíños)

P3200000B

L1-mellora PLF

2.995,65 €

10,00 %

179,55 €

2.816,10 €

EELL-067-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (A Veiga)

P3200000B

L1-mellora PLF

2.995,65 €

10,00 %

179,55 €

2.816,10 €

EELL-068-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (A Rúa)

P3200000B

L1-mellora PLF

1.362,60 €

10,00 %

113,40 €

1.249,20 €

EELL-069-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (Bande)

P3200000B

L1-mellora PLF

1.381,50 €

10,00 %

113,40 €

1.268,10 €

EELL-070-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (O Pereiro de Aguiar)

P3200000B

L1-mellora PLF

1.400,40 €

10,00 %

113,40 €

1.287,00 €

EELL-071-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (San Cibrao das Viñas)

P3200000B

L1-mellora PLF

3.024,00 €

10,00 %

207,90 €

2.816,10 €

EELL-072-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (p.l. de Trives)

P3200000B

L1-mellora PLF

1.372,05 €

10,00 %

113,40 €

1.258,65 €

EELL-073-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (Vilamartín de Valdeorras)

P3200000B

L1-mellora PLF

1.419,30 €

10,00 %

113,40 €

1.305,90 €

EELL-074-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (Vilar de Santos)

P3200000B

L1-mellora PLF

1.390,95 €

10,00 %

113,40 €

1.277,55 €

EELL-075-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (A Gudiña)

P3200000B

L1-mellora PLF

2.976,75 €

10,00 %

160,65 €

2.816,10 €

EELL-076-2023-RES

Deputación Provincial de Ourense (Xinzo)

P3200000B

L1-mellora PLF

1.390,95 €

10,00 %

113,40 €

1.277,55 €

EELL-077-2023-RES

Concello de Antas de Ulla

P2700300C

L3-PLM

54.000,00 €

10,00 %

450,00 €

53.550,00 €

EELL-078-2023-RES

Concello de Gondomar

P3602100D

L1-mellora PLF

72.809,65 €

10,00 %

7.280,96 €

65.528,69 €

EELL-079-2023-RES

Concello de Gondomar

P3602100D

L2-PLP

8.900,00 €

11,00 %

890,00 €

8.010,00 €

EELL-080-2023-RES

Concello de Gondomar

P3602100D

L3-PLM

64.418,20 €

11,00 %

6.441,82 €

57.976,38 €

EELL-081-2023-RES

Concello de Ribadumia

P3604600A

L2-PLP

8.900,10 €

10,10 %

674,25 €

8.225,85 €

EELL-084-2023-RES

Mancomunidade de Concellos do Morrazo

P3600020F

L2-PLP

27.000,00 €

10,00 %

540,00 €

26.460,00 €

Anexo III

Relación de solicitudes non beneficiarias e motivo da exclusión

Nº de expediente

Nome do/da solicitante

Actuación

subvencionable

Motivo

EELL-011-2023-RES

Concello da Pastoriza

L3-PLM

Non emendan en tempo e forma

EELL-022-2023-RES

Concello de Catoira

L2-PLP

Non emendan en tempo e forma

EELL-036-2023-RES

Concello de Verín

L3-PLM

Non emendan en tempo e forma

EELL-039-2023-RES

Concello de Vimianzo

L1-mellora PLF

Non emendan en tempo e forma

EELL-041-2023-RES

Concello da Fonsagrada

L1-mellora PLF

Non emendan en tempo e forma

EELL-042-2023-RES

Concello de Mugardos

L3-PLM

Non emendan en tempo e forma

EELL-044-2023-RES (I)

Concello de Becerreá

L1-mellora PLF

Non emendan en tempo e forma

EELL-044-2023-RES (I)

Concello de Becerreá

L2-PLP

Non emendan en tempo e forma

EELL-054-2023-RES

Concello de Negreira

L3-PLM

Non emendan en tempo e forma

EELL-057-2023-RES

Concello do Porriño

L2-PLP

Non emendan en tempo e forma

EELL-058-2023-RES

Concello de Larouco

L3-PLM

Non emendan en tempo e forma

EELL-059-2023-RES

Concello de Samos

L3-PLM

Non emendan en tempo e forma

EELL-065-2023-RES

Concello de Melón

L3-PLM

Non emendan en tempo e forma

EELL-082-2023-RES

Concello de Rianxo

L1-mellora PLF

Non emendan en tempo e forma

EELL-083-2023-RES (I)

Concello de Vila de Cruces

L1-mellora PLF

Non emendan en tempo e forma

EELL-083-2023-RES (II)

Concello de Vila de Cruces

L3-PLM

Non emendan en tempo e forma