DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63235

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade aos premios concedidos ao abeiro da Orde do 2 de maio de 2023 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2023.

Por Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 2 de maio de 2023 establecéronse as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e convocáronse para o ano 2023.

O 16 de outubro de 2023, o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por delegación do titular da consellería, ditou resolución pola que se concederon os premios ao abeiro da dita convocatoria.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 17 da orde de convocatoria, esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal da Rede de bibliotecas de Galicia (https://rbgalicia.xunta.gal). Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

RESOLVO:

Facer pública a concesión do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2023, dotado con tres mil euros (3.000,00 €), ao Concello de Cenlle polo proyecto Colaborando con el cole: biblioteca para tod@s, da Biblioteca Pública Municipal de Cenlle, na categoría de concellos de ata 10.000 habitantes.

Facer pública a concesión do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2023, dotado con tres mil euros (3.000,00 €), ao Concello de Betanzos, polo proyecto Boa práctica Club de lectura da historia de Betanzos, da Biblioteca Municipal Alfonso Castelao de Betanzos, na categoría de concellos de máis de 10.000 habitantes.

Os premios foron aprobados con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.432A.760.3, proxecto 2015 00352, cun crédito orzamentario para o ano 2023 de seis mil euros (6.000,00 €).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2023

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura