DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 24 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2023/402-1).

Expediente: IN407A 2023/402-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT VIM-802 - apoio 9LCBK623//64-58.

Concello: Zas.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu trazado actual, do treito da liña VIM-802 autorizado no expediente 34.857, de 138,88 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios núm. 64-57 (matrícula 9LAF83JP), de formigón tipo
S-Derivación-HV-250/14-B-CRSI, e núm. 64-59 (matrícula 9LDE8TKU), de formigón tipo pórtico ANG-AM-2 x HV-700/12-H-CAI, consistente en:

– Substitución do apoio núm. 64-58 (matrícula 9LCBK623) de formigón tipo S-AL-HV-250/14-B-CRSI polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CA(CS), que pasa a outra localización na parcela con referencia catastral 15094A506003560000RA, sita no lugar de Brandomil (San Pedro). Nel proxéctase instalar un reconectador telecontrolado composto por un equipamento interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que obtén a condición de frecuentado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) nos vans da liña VIM-802 anterior e posterior ao novo apoio núm. 64-58 proxectado, de 83,85 e 55,03 metros de lonxitude, respectivamente.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 24 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol en LMT VIM-802 - apoio 9LCBK623//64-58

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Zas

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

LMT aérea - voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT / Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Clementina Maneiro

15094A506003560000RA

Espiñeiras

Novo apoio núm. 64-58 (ITC)

2

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías