DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 2 de novembro de 2023, de autorización do cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 43, 119, 120 y 324 do polígono 504, do concello de Tordoia (CFA 105/2022).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018 do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, mediante a Resolución do 2 de novembro de 2023, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 43, 119, 120 y 324 do polígono 504, do concello de Tordoia. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 27 de outubro de 2023.

A resolución está dispoñible para a súa consulta no Servizo de Montes desta xefatura territorial e na sede electrónica desta consellería do Medio rural, á cal se pode acceder a través da ligazón seguinte:

https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios

A Coruña, 2 de novembro de 2023

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña