DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63054

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2023 pola que se renova a composición do Consello Interdepartamental de Coordinación para a Prevención e a Atención das Condutas Suicidas.

Antecedentes.

1. O Diario Oficial de Galicia número 52, do 14 de marzo de 2019, publica o Decreto 21/2019, do 14 de febreiro, polo que se crea e se regula o Consello Interdepartamental de Coordinación para a Prevención e Atención das Condutas Suicidas.

2. O Decreto 21/2019, do 14 de febreiro, indica no seu artigo 4, relativo á súa composición, que este consello estará composto por unha presidencia, unha vicepresidencia e doce vogalías nomeadas e cesadas pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, mediante resolución.

As vogalías estarán formadas polas persoas indicadas no número 5 do artigo 4.

3. O artigo 10 regula a duración do mandato dos membros do Consello e as causas de cesamento; nos números 1 e 2, respectivamente, sinala que «as persoas que posúan a condición de membro do Consello por razón do seu cargo perderán a dita condición cando cesen nel», e que «a composición do Consello renovarase, como mínimo, pola metade do seus membros cada catro anos. Unha vez finalizado o seu mandato, permanecerán no desempeño das súas funcións ata o nomeamento dos novos membros».

De acordo con todo o indicado,

ACORDO:

1. Cesar os seguintes membros do Consello Interdepartamental de Coordinación para a Prevención e Atención das Condutas Suicidas:

Silvia Suárez Luque, Natividad Bouzas Carneiro, Miriam Otero Requeijo, Beatriz Otero Abadín, José Ramón Girón, Avelino Martínez Mareque, Miriam Rodríguez Sierra, Luisa Peleteiro Pensado y Teresa Reija Ruiz.

2. Nomear os novos membros integrantes do Consello Interdepartamental de Coordinación para a Prevención e Atención das Condutas Suicidas:

Marcos Araújo Pereira, Ana María Alzate Rodríguez, Jaime Fraga Ares, Antonio Hernández Fernández, Julio Jiménez Feliz, Amparo González García, Beatriz Gómez Gómez, Alejandro García Caballero, José Eduardo Rodríguez Otero, Jacobo Rey Sastre e Jacobo Laya García.

3. De conformidade co anterior, o Consello queda composto como se indica no anexo desta resolución.

4. O contido desta resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, mediante a correspondente resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, para os efectos do seu público e xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2023

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Composición do Consello Interdepartamental de Coordinación para a
Prevención e Atención das Condutas Suicidas

1. Jorge Aboal Viñas, director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

2. Sinda Blanco Lobeiras, subdirectora xeral de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.

3. Mercedes Lijó Ayaso, xefa de sección de Drogodependencias do Servizo Galego de Saúde.

4. Marcos Araújo Pereira, xerente da Axencia Galega de Emerxencias, en representación da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

5. Ana María Alzate Rodríguez, xefa do Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia, en representación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

6. Jacobo Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, en representación da Consellería de Política Social.

7. Jaime Fraga Ares, xefe do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas, en representación da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

8. Julio Jiménez Feliz, médico forense, subdirector da Subdirección Territorial de Ourense, en representación do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

9. Román Gómez Vázquez, director de Coordinación, en representación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

10. Antonio Hernández Fernández, director de Saúde Mental Feafes Galicia, en representación de Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia).

11. Amparo González García, enfermeira especialista en Saúde Mental do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

12. Beatriz Gómez Gómez, traballadora social do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

13. A persoa representante de Atención Primaria está pendente de designación.

14. Alejandro García Caballero, psiquiatra do Servizo Galego de Saúde Mental.

15. José Eduardo Rodríguez Otero, psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

16. Jacobo Laya García, médico de Atención Primaria da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.