DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 63023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de outubro de 2023, da Área de Verteduras, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de autorización de verteduras no expediente de clave DH.V15.95840.

Desguaces 24 Horas, S.L., de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita a autorización para a vertedura por infiltración no terreo (bacía do río Anllóns) dun caudal máximo de 4.465,88 m3/ano de augas residuais industriais e de escoamento depuradas procedentes das instalacións dun taller e centro de despezamento de vehículos fóra de uso localizado no lugar da Braña Grande 25, Cabovilaño (t.m. A Laracha).

As augas residuais industriais e de escoamento xeradas nas instalacións son tratadas nun separador de hidrocarburos de clase I con desareador e célula coalescente. As instalacións contan tamén cun separador de hidrocarburos de clase II e unha cámara de graxas para o tratamento previo de parte das augas residuais industriais e de escoamento, antes do separador de hidrocarburos de clase I.

As augas residuais industriais e de escoamento depuradas vértense por infiltración no terreo (bacía do río Anllóns) mediante unha gabia filtrante, no punto das coordenadas UTM (ETRS89): X=530.208; Y=4.787.831.

As augas residuais domésticas procedentes das instalacións están canalizadas á rede de saneamento municipal.

O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día á data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia, en cuxo portal da internet (https://augasdegalicia.xunta.gal/) se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2023

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras