DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 63021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 31 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0177/2023-TRA e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0177/2023-TRA e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, nº 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

Vigo, 31 de outubro de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0177/2023-TRA

515504149

Resolución

Estrada Velha 931, Vila do Conde, Portugal

PSC-PO-0233/2023-PPM

53185329Z

Resolución

Conde de Torrecedeira, 91, Vigo

PSC-PO-0237/2023-PPM

35473783D

Resolución

Estorniño, 3, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-0283/2023-PPM

35569778W

Resolución

Aloques, 1, O Porriño

PSC-PO-0448/2023-COP

B36550457

Resolución

Lugar O Castro, 7, Sanxenxo

PSC-PO-0449/2023-PRE

76868923W

Resolución

Reboredo, 58, O Grove