De conformidade co establecido nas bases xerais reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Fene e unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 981/2023, do 27 de setembro, nomeouse a Sara Rodríguez Conesa, con DNI ***9677**, persoal laboral fixo do Concello de Fene, dunha praza de técnica de calidade, coa clasificación: segundo Convenio, equivalente a subgrupo A2 e incluída na oferta de emprego público do ano 2021.
As persoas interesadas poden consultar o texto íntegro da resolución en:
https://sede.fene.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20230927150005373.html
Fene, 28 de agosto de 2023
Juventino José Trigo Rey
Alcalde