De conformidade co establecido nas bases xerais reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Fene e unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 1018/2023, do 3 de outubro, nomeouse a María Mercedes López Pena, con DNI ***0388**, Marta María Otero Corral, con DNI ***7042**, María Verónica Puente Prieto, con DNI ***6021**, e Eva María Vizoso Tellado, con DNI ***4789**, persoal laboral fixo do Concello de Fene, de catro prazas de auxiliares de axuda no fogar, coa clasificación: segundo Convenio, equivalente a subgrupo AP e incluídas na oferta de emprego público do ano 2021.
As persoas interesadas poden consultar o texto íntegro da resolución en:
https://sede.fene.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20231004150014918.html
Fene, 5 de outubro de 2023
Juventino José Trigo Rey
Alcalde