DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 62981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2022/176-1).

Expediente: IN407A 2022/176-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: instalación de telecontrol na LMT MEI809 apoio AF6G5BWJ//66-B2.

Concello: Ordes.

Feitos:

1. O día 19 de maio de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de mellorar a calidade da subministración dos clientes alimentados pola rede de distribución en media tensión denominada LMT MEI809 Ordes 9, procedente da subestación Meirama, no lugar de Esmorís, parroquia de Buscás, concello de Ordes, proxéctase a instalación dun equipo de seccionamento telemandado tipo reconectador telecontrolado en apoio metálico de celosía que substitúe un existente de formigón.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan memoria, planos e orzamento co proxecto de execución denominado instalación de telecontrol na LMT MEI809 apoio AF6G5BWJ//66-B2, asinado o 28.2.2022 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, nº colexiado 4.684 de Vigo (COITIVigo).

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

– DOG: 10.5.2023.

– BOP: 21.4.2023.

– Xornal La Voz de Galicia: 11.5.2023.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 23.6.2023.

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Ordes, Augas de Galicia e Axencia Estatal de Seguridade Aérea. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.

4. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non foron presentadas alegacións.

5. O día 3 de outubro de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; e o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio) conforme a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño de 2023).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Esmorís, parroquia de Buscás, no concello de Ordes, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Retensado LMTA a 20 kV, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 66-B1 existente da LMT MEI809 Ordes 9, procedente da subestación Meirama, e remate no apoio nº 66-B2 existente para substituír, e entre os apoios nº 66-B3 para substituír e B4 en condutor LA-30.

– Substitución de condutor en tramo LMTA a 20 kV, de 118 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 66-B2 existente de formigón para substituír por tipo C-2000/12 e remate no apoio nº 66-B3 existente de formigón para substituír por tipo C-1000/14.

– Instalación dun reconectador telecontrolado no apoio nº AF6G5BWJ//66-B2 da LMT MEI809 Ordes 9. Retirada de seccionador XS do apoio nº 66.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 18 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Termo municipal de Ordes.

Instalación de telecontrol na LMT MEI-809-apoio AF6G5BWJ//66-B2.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude
(m)

Superficie
(m2)

1

María del Carmen Martínez Martínez

15060A042000630000BR

Polígono 42, parcela 63

Lugar de Esmorís

Novo apoio nº 66-B2

2

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

2

Antonio Vilariño Ramuiñán

15060A042000780000BB

Polígono 42, parcela 78

Lugar de Esmorís

Novo apoio nº 66-B3

2

Rústico. Agrario.