Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Edulis I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escrito do 10.10.2023, María del Carmen Gallardo Abeijón solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Edulis I.
Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (dog núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nún 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa do seguinte viveiro:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Edulis I.
Situación:
Cuadrícula nº: 83.
Polígono: B.
Distrito: Muros (A Coruña).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 23.8.1974.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: María del Carmen Gallardo Abeijón (***2806**) e José Manuel Formoso Moledo (***8083**).
Nova titular: Mejilloneras Juan Formoso, S.L. (B15628845).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. Os actuais titulares deberán presentar, no prazo máximo dun mes desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. A nova titular da concesión quedan subrogada nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da transmisión en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).
A Coruña, 20 de outubro de 2023
O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial de A Coruña