DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 63006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se somete a información pública a ampliación a 2.534 prazas dunha explotación porcina de ceba na Gudiña (Ourense) (expediente MR2023/002).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o proxecto e o estudo de impacto ambiental para a ampliación a 2.534 prazas dunha explotación porcina de ceba na Gudiña (Ourense), promovido por Manuel Luis Rodríguez Yáñez, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sitas en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Este estudo tamén poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-aia

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e
Industrias Agroalimentarias