DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2023 Páx. 62711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a variación das afeccións dunha parcela afectada pola instalación eléctrica LMTS VAA708 e CTC Gonda, prevista no concello de Gondomar (expediente IN407 2023/191-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle que, debido a unha modificación no proxecto orixinal, as afeccións provocadas pola instalación eléctrica LMTS VAA708 e CTC Gonda (expediente IN407 2023/191-4) pasan a ser as indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/191-4.

Denominación: LMTS VAA708 e CTC Gonda.

Concello: Gondomar.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m²)

Afeccións

ml sub.

m² sub.

2

Pedra-Morgadáns

Urbana

3020805NG2632S0001EH

Descoñecido/a

16,81

7,71

30,81